stars
martes, 17 de febreiro de 2015
Entroido!!
Queridos espantallos, xa me contaredes á volta de vacacións, que tal o pasastes. Polas vosas caras, eu diría que moi ben!
Estampamos con patacas
Despois de ver como se imprimían os libros antigos, ocorréuseme que poderíamos facer algo parecido na clase, pero, tendo en conta que estamos en Coristanco, con patacas.
Foi moi gracioso ver a vosas caras cando vos dixen que para plástica habería que traer unha pataca pero agora xa tendes claro para que era. Espero que vos gustara a actividade. A verdade é que da gusto vervos tan concentrados. E os resultados non estiveron nada mal!
Excursión a Santiago
Fai un par de semanas, fomos a Santiago a visitar a praza de abastos e a libraría Couceiro.
Na nosa primeira visita, explicáronnos que productos podíamos atopar alí, e mesmo de onde viñan. Na segunda, ademáis de facer algunha compriña, aprendemos como se facían antigamente os libros, e vimos os materiais que se empregaban.
Despois, desfrutamos dun paseo e do noso xantar na Alameda.
Espero que as visitas vos resultaran interesantes e que o pasarades moi ben.
luns, 16 de febreiro de 2015
Grazas!!
Fai xa algo máis dun mes que o meu alumnado me tiña reservada unha fermosa sorpresa para cando chegase á aula.
Moitas grazas a todos e todas, e tamén aos papás e mamás que directa ou indirectamente participaron nesta festa. Así da gusto cumprir anos, e se mos siguen quitando deste xeito, tamén (fixádevos na tarta)!
Moitas grazas a todos e todas, e tamén aos papás e mamás que directa ou indirectamente participaron nesta festa. Así da gusto cumprir anos, e se mos siguen quitando deste xeito, tamén (fixádevos na tarta)!
Día da Paz no CPI Alcalde Xosé Pichel
O venres 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.
A actividade central foi o xogo do "amigo invisible". Cada neno lle escribiu unha carta a un compañeiro, elixido ao azar, na que debía dicirlle algo positivo. Como nos gustou descubrir as nosas cartas anónimas no tablón! Non nos decepcionaron as mensaxes dos nosos amigos.
Despois, reunímonos todos para cantar e bailar a nosa canción e para botar ao aire a nosa pomba da Paz.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Día da Paz
Mañán día 30 de xaneiro, é o día da Paz, data na que se conmemora a morte de Gandhi. Na escola, xa levamos uns días a traballar sobre a temática, comenzando polo conto de Wangari e as árbores da paz que narra a vida de Wangari Maathai, gañadora do Prémio Nóbel da Paz no ano 2004.
Se queredes volver a ver o conto, podédelo visionar aquí:
Que vos parece a súa vida? Parécevos xusto que se lle concedera un Premio Nóbel?
Se queredes aprender algo máis sobre o Día da Paz, no seguinte enlace, tendes algunha actividade que quizais vos interese:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html
Se queredes volver a ver o conto, podédelo visionar aquí:
Se queredes aprender algo máis sobre o Día da Paz, no seguinte enlace, tendes algunha actividade que quizais vos interese:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html
luns, 12 de xaneiro de 2015
Festival de Nadal
O 19 de decembro, rematamos o primeiro trimestre celebrando o Festival de Nadal. Como podedes comprobar, dásenos moi ben tocar as campás. Aínda que parece doado, adegurámosvos que non é nada fácil!
Despois de todas as actuacións, entregáronse os premios ás mellores postais de Nadal e aos mellores adornos. A postal da nosa compañeira Valeria gañou un premio, e toda a clase gañou o premio polo noso adorno de Nadal: un pobo navideño realizado con material recilcado. Noraboa a todos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







