stars

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Día da Paz

Mañán día 30 de xaneiro, é o día da Paz, data na que se conmemora a morte de Gandhi. Na escola, xa levamos uns días a traballar sobre a temática, comenzando polo conto de Wangari e as árbores da paz que narra a vida de Wangari Maathai, gañadora do Prémio Nóbel da Paz no ano 2004.
Se queredes volver a ver o conto, podédelo visionar aquí:

 


Que vos parece a súa vida? Parécevos xusto que se lle concedera un Premio Nóbel?

Se queredes aprender algo máis sobre o Día da Paz, no seguinte enlace, tendes algunha actividade que quizais vos interese:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html

luns, 12 de xaneiro de 2015

Festival de Nadal

O 19 de decembro, rematamos o primeiro trimestre celebrando o Festival de Nadal. Como podedes comprobar, dásenos moi ben tocar as campás. Aínda que parece doado, adegurámosvos que non é nada fácil!



Despois de todas as actuacións, entregáronse os premios ás mellores postais de Nadal e aos mellores adornos. A postal da nosa compañeira Valeria gañou un premio, e toda a clase gañou o premio polo noso adorno de Nadal: un pobo navideño realizado con material recilcado. Noraboa a todos!



Magosto 2014

Parece que xa fai moito que pasou pero, lembrades cando celebramos o Magosto? Pois aquí están as fotos que tiña pendentes de amosarvos:


Contacontos en inglés












luns, 3 de novembro de 2014

Seguimos multiplicando

En el siguiente enlace, encontraréis un juego para practicar multiplicaciones por una o varias cifras. ¡A ver qué tal se os da!

http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_matematicas_multiplicaciones.html

venres, 31 de outubro de 2014

xoves, 30 de outubro de 2014

Visita ao EFAG Fonteboa

O mércores fomos de visita ao Instituto de Fonteboa para aprender un pouco máis de hortos e cultivos ecolóxicos. Alí, profesores e alumnos recibíronnos cos brazos abertos e déronnos unha moi interesante clase teórico-práctica na que todos participamos. 
Moitas grazas a eles por ser tan amables e por explicarnos tantas cousiñas!
E para que os demáis poidan ver tamén algo do que fixemos e aprendemos, velaquí un par de vídeos e unhas fotos, probas do noso arduo traballo alí.