stars

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Contacontos para o Día da Paz

Este ano, os nenos e nenas de 3º preparamos uns contacontos para os nosos compañeiros dos cursos máis baixos. Fíxonos moita ilusión a todos! Un grupo contoulle o conto "Adivina cuánto te quiero" de Sam McBradney (Ed. KOKINOS) aos nenos e nenas de 6ºde Educación Infantil:
  

Outro decantouse por "Os tres bandidos" de Tomi Ungerer (Ed.Kalandraka). Contáronllo aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Educación Primaria.
 

xoves, 14 de novembro de 2013

Concerto didáctico

A semana pasada, gracias ao Concello de Coristanco, tamén poidemos asistir a un concerto didáctico no edificio de Servicios Múltiples. Consistiu nunha actuación moi amena chamada Bolboreta (Lydia Botana http://lydiabotana.com/bolboreta-con-banda/ ). Gracias aos actores e músicos da banda, viaxamos por todo o mundo a través dos distintos xéneros musicais, coñecimos novos instrumentos de música, cantamos, bailamos e mesmo descubrimos que o noso corpo enteiro podía ser un valioso instrumento de percusión.


Magosto

O venres pasado, celebremos o Magosto no cole. Castañas e xogos para todos!




Finalistas dos premios de Relatos de Terror


Todo o grupo de 3ºA na súa aula





Samaín

O mes de novembro rematou coa celebración do Samaín. Nesta ocasión, decoramos os corredores do colexio e asistimos a un contacontos na biblioteca de secundaria.



 

Tamén participamos no concurso de cabazas e no de relatos de terror. Nesta última categoría, tivemos dous finalistas: Alfonso e Nuria. Noraboa!

De excursión

O pasado venres 25 de outubro fomos de excursión a Lira e ao Ézaro. A pesar das previsións meteorolóxicas, poidemos facer as actividades previstas e todos nolo pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas. 

Velaquí algunhas fotos da nosa visita:


luns, 23 de setembro de 2013

Primeira visita á biblioteca do cole

Esta foi a nosa primeira visita do curso á biblioteca do cole, e non será a última.
A partir de outubro, nos recreos, poderemos vir sós e coller emprestados libros e vídeos para ler ou ver na casa. Que responsabilidade!