stars

sábado, 2 de decembro de 2017

Merenda do outono

O xoves da semana pasada, estivemos cociñando para preparar unhas riquísimas receitas con ingredientes especiais do outono. En terceiro, optamos por coller mandarinas e caquis e bañalos en chocolate. 
Ao día seguinte, toucounos probar as nosas creacións, pero tamén as do resto de compañeiros que se esforzaron en realizar tartas, biscoitos, caracolas, etc. Que rico!
















A comer!














luns, 20 de novembro de 2017

A Maleta

Canto aprendemos sobre os nosos compañeros coa actividade "A Maleta"! 
Cada neno tiña que traer tres obxectos elexidos entre as súas pertenencias. Tres obxectos especiais para el, que o definen ou polo que sinten apego por algunha razón. Despois, tiñan que ensinarllos aos seus compañeriros, presentar eses obxectos e explicar por que os elexiron. 
A pesca, o fútbol, as manualidades, a lectura, ... houbo moitos temas recurrentes que nos demostraron que temos moitos puntos en común os uns cos outros. Vaia sorpresa!
























sábado, 18 de novembro de 2017

Excursión á Escola Galega de Consumo

O mércores, por fin fixemos a nosa primeira excursión e foi a Santiago, á Escola Galega de Consumo.  Alí participamos en dous talleres moi interesantes. Despois aproveitamos que facía un día espléndido para xantar no patio do centro comercial Área Central.

Foi unha saída moi instrutiva e divertida!


sábado, 11 de novembro de 2017

Magosto 2017

Por fin chegou o Magosto e que ben o pasamos! Chega con ver as caras destes nenos para darse conta de que o deron todo (sobretodo no xogo do baile da castaña).
Ao final da mañá, tamén se entregaron os premios aos concursos do Samaín. Na nosa clase, fomos moi afortunados porque houbo tres premiados: Samuel B. pola súa cabaza, Enia pola súa vasoira, e Álvaro polo seu conto de terror. Noraboa aos tres, e máis aos demáis por participar e facelo tan ben.