stars

mércores, 8 de novembro de 2017

Samaín 2017

Aquí vos deixo imaxes dalgunhas das actividades que levamos a cabo durante a semana de Samaín. Como nos gusta pasar medo!!!



A maiores de todo isto, tamén tivemos unha sesión de biblioteca no patio, no que poidemos ler contos de terror. Moitos decidiron compartir libros e incluso lerlle aos máis pequenos. A verdade é que foi moi entretido. Esperamos poder repetir pronto!
















Traballando en grupo

A semana pasada, estivemos traballando en grupo na clase para elaborar uns posters sobre o aforro de auga e a prevención de incendios nos montes. Mirade que concentrados:











Despois, cada grupo tivo que presentarlle o seu traballo ao resto da clase. Aínda queda moito que practicar nas exposición orais, pero para unha primeira vez, non estivo nada mal!



sábado, 21 de outubro de 2017

Unha semana movida...

Esta semana estivo moi entretida. En primeiro lugar, tivemos unha sesión informativa na biblioteca, seguida por un xogo de pistas que disfrutamos moito, basta con ver as caras de emoción dos participantes!





O xoves, tocounos asistir a un contacontos no edificio de servicios múltiples. O tema era a violencia de xénero e gustounos moito poder participar.



Finalmente, este venres, estivemos aprendendo a esfollar millo e escoitando cancións e contos dunhas expertas. Tamén identificamos diferentes cereais, tocámolos, ulímolos e incluso algúns atrevéronse a probalos. Disque están moi ricos!



sábado, 14 de outubro de 2017

Comenzamos!!!

Este curso xa comenzou, pero no blog aínda non arrancamos... Antes de ensinarvos cousiñas da nosa aula, propóñovos uns xogos para practicar as tablas de multiplicar xa que ás veces resulta aburrido repasalas. Espero que vos gusten e que saquedes boas puntuacións! Xa me contaredes.


 xogo de fútbol para practicar tablas


Practicar tablas


 tabla a tabla


burbujas


Superhéroe Mister Pi






domingo, 11 de xuño de 2017

Revista asubíos nº54

Velaquí a revista Asubíos deste curso. Nela aparecen as principais actividades deste curso no CPI Alcalde Xosé Pichel. Esperamos que vos guste.


Revista Asubios Nº 54

Homenaxe a Gloria Fuertes


Fai xa unhas semanas que nos propuxemos homenaxear a Gloria Fuertes polo seu centenario. Para iso, cada clase do colexio aprendeu unha obra da autora e grabouna. A nosa clase elixiu varias adiviñas e tamén foi a encargada de presentar o programa. Cada un tomou moi en serio o seu papel e comportouse coma un verdadeiro profesional.

Adiviñas de Gloria Fuertes



Programa completo (con todas as clases e coas presentacións feitas polos nosos nenos)



domingo, 4 de xuño de 2017

Verdistanco

Por fin o xoves chegou a nosa invitada sorpresa, e que sorpresa!
Na biblioteca, esperábanos Sonia, a nai de Xulio e Aldán, cuxa creatividade nos asombrou a todos. Para nós, creou e editou un conto fabuloso, no que todos eramos protagonistas: Verdistanco. Viña acompañada de Isabel xa que Sonia dedicou a súa obra a Asunción Antelo.
Entre as dúas, e coa proxección das ilustracións feitas por Orelí Pello, ilustradora e amiga de Sonia, contaron as aventuras deste fermosos lugar chamado Verdistanco, ante a abraiada mirada de alumnado e profesorado.
Moitísimas gracias a Sonia, polo tempo e esforzo adicado a este proxecto. Foi toda unha sorpresa, quedou espectacular e conseguiu emocionarnos a todos!

Velaquí un cachiño da sesión. Se queredes coñecer todo o conto, haberá que ir á biblioteca xa que Sonia tivo a amabilidade de agasallarnos con exemplares do mesmo.