Para rematar o tema dos polígonos, fixemos un pequeno exercicio aproveitando as baldosas do corredor. Tratábase de averiguar o nome, o perímetro e a área dos polígonos trazados con cinta no chan. Que concentrados estaban!
stars
mércores, 11 de maio de 2016
Semana da froita
A semana pasada, foi a semana da froita. Durante os recreos, os rapaces podían coller unha peza de froita, cada día unha froita diferente, para a súa merenda. Pero o mellor día foi sen dúbida o mércores xa que nos agardaba unha pequena sorpresa: amorodos con chocolate! Foi o memento máis silencioso na clase de todo o día.
E así foi como quedou todo ao final...
domingo, 1 de maio de 2016
Comenzamos co mes das Letras Galegas
Algo antes de tempo, pero xa comenzamos esta semana coas actividades do mes das Letras Galegas.
Estamos a preparar traballos para participar no Certame Literario Escolar Asunción Antelo organizado polo noso concello.
Asistimos a unha charla de SEPRONA.
Invitados polo Concello, desprazámonos á Casa da Cultura para ver o conto de Alicia no país das marabillas, contado con títeres.
E ata nos dou tempo de preparar unha cousiña para as nosas mamás, que ben o merecen.
Foi unha semana moi completa!
Non sei que dirían os axentes do SEPRONA se visen este bechiño que nos trouxo Xulio e que observamos con moita curiosidade...
Hoxe é o Día da Nai, así que felicidades a todas as mamás!
sábado, 23 de abril de 2016
Recuncho da Natureza
Esta semana, tivemos que ampliar o noso recuncho da natureza, xa non nos quedaba oco! Fomos traendo distintas sementes (de xirasol ornamental, de cabaza, de limón, de fisalís, de aguacate, etc) e agora tocaba sementar de novo. Tamén coidamos das nosas leitugas que xa plantáramos con anterioridade. Seguemos a criar os nosos vermes de seda que medraron moito. Finalmente, estas semanas tivemos a cargo os peixes do colexio, pois tocounos a nós ser "ecopatrulleiros".
Día do libro 2016
O venres celebramos o Día do Libro con dúas actividades. Primeiro fomos "mestres lectores" para os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil. Despois, participamos nun xogo de pistas que nos permitiu coñecer mellor a clasificación dos libros na nosa biblioteca.
Máis fotografías nosas e dos nosos compañeiros celebrando o Día do Libro no blog da biblioteca: Biblioxosepichel.
domingo, 10 de abril de 2016
Contacontos na biblioteca
A semana pasada, tivemos o pracer de ser parte do público cando os nosos compañeiros de sexto escenificaron o conto "Ranilda".
Este venres, tocounos a nós subir ao escenario e escollemos o conto "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad" para os nosos compañeiros de Educación Infantil. Tivemos moito éxito!
sábado, 2 de abril de 2016
2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
O venres celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no colexio. Fixémolo participando de forma voluntaria nunha carreira de relevos durante o recreo, levando pulseiras azuis e visionando vídeos sobre esta enfermidade.
Xa estabamos sensibilizados con esta causa, pero aprendemos algunha cousiña máis sobre o autismo.
Os vídeos que vimos foron "El cazo de Lorenzo" e "Mon petit frère de la lune" (O meu irmanciño da lua):
Tamén existen máis vídeos sobre o tema, como a curtometraxe "El viaje de María",
ou o documental "María y yo" baseado na banda deseñada "María y yo" (Miguel Gallardo, Editorial Astiberri, 2014) que temos na biblioteca do colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










