stars

sábado, 23 de abril de 2016

Recuncho da Natureza

Esta semana, tivemos que ampliar o noso recuncho da natureza, xa non nos quedaba oco! Fomos traendo distintas sementes (de xirasol ornamental, de cabaza, de limón, de fisalís, de aguacate, etc) e agora tocaba sementar de novo. Tamén coidamos das nosas leitugas que xa plantáramos con anterioridade. Seguemos a criar os nosos vermes de seda que medraron moito. Finalmente, estas semanas tivemos a cargo os peixes do colexio, pois tocounos a nós ser "ecopatrulleiros". 


Día do libro 2016


O venres celebramos o Día do Libro con dúas actividades. Primeiro fomos "mestres lectores" para os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil. Despois, participamos nun xogo de pistas que nos permitiu coñecer mellor a clasificación dos libros na nosa biblioteca. 


Máis fotografías nosas e dos nosos compañeiros celebrando o Día do Libro no blog da biblioteca: Biblioxosepichel.


domingo, 10 de abril de 2016

Contacontos na biblioteca

A semana pasada, tivemos o pracer de ser parte do público cando os nosos compañeiros de sexto escenificaron o conto "Ranilda".



Este venres, tocounos a nós subir ao escenario e escollemos o conto "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad" para os nosos compañeiros de Educación Infantil. Tivemos moito éxito!


sábado, 2 de abril de 2016

2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


O venres celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no colexio. Fixémolo participando de forma voluntaria nunha carreira de relevos durante o recreo, levando pulseiras azuis e visionando vídeos sobre esta enfermidade. 
Xa estabamos sensibilizados con esta causa, pero aprendemos algunha cousiña máis sobre o autismo.




Os vídeos que vimos foron "El cazo de Lorenzo" e "Mon petit frère de la lune" (O meu irmanciño da lua):




Tamén existen máis vídeos sobre o tema, como a curtometraxe "El viaje de María",




ou o documental "María y yo" baseado na banda deseñada "María y yo" (Miguel Gallardo, Editorial Astiberri, 2014) que temos na biblioteca do colexio.

sábado, 19 de marzo de 2016

Sementamos

Esta semana tocou sementar para ter as nosas plantiñas cando mellore algo o tempo. Así que baixamos á aula da natureza para sementar nos nosos semilleiros unhas leitugas e menta. Foi unha pena porque moitos nenos estaban enfermos, pero seguro que para trasplantar estarán todos e aínda queda moito que regar e coidar destas plantas na nosa aula. A ver se temos sorte e nos salen todas!




Rematado o segundo trimestre, toca disfrutar dunhas ben merecidas vacacións de Pascua. Pasádeo ben! 
Felicidades a todos os papás, e tamén a todos os avós, padrastros, tíos, mamás... que cumpren coas funcións dos pais que non están!

venres, 11 de marzo de 2016

Facemos un biscoito

Seguimos experimentando coas medidas de capacidade e peso, pero esta vez na cociña. Todos botaron as mans á masa para elaborar un biscoito. Ao final, nin se desaproveitou unha gota de masa nin sobrou nada do biscoito unha vez que o sacamos do forno. Non quedaron máis ca migallas. E non me extraña, estaba boísimo! Seguro que temos na clase algún aspirante a Master Chef. Mirade que maña!


Algunhas novas

Estes últimos días...

Os participantes no concurso do personaxe misterioso recibiron o seu agasallo, noraboa!


Experimentamos coas medidas de capacidade:





Nacéronnos algúns vermes de seda que serán as nosas próximas mascotas na aula. Haberá que alimentalos, limpalos e cumprimentar a nosa libreta de observación.


Recibimos a visita dunha nova mascota. Esta vez Roy tróuxonos unha fermosa pomba que nos encantou a todos!


Finalmente, fixemos uns discos de Newton. Agora toca practicar para que vaian o suficientemente rápido como para facer ese silbido que queremos oír.