stars

venres, 11 de marzo de 2016

Facemos un biscoito

Seguimos experimentando coas medidas de capacidade e peso, pero esta vez na cociña. Todos botaron as mans á masa para elaborar un biscoito. Ao final, nin se desaproveitou unha gota de masa nin sobrou nada do biscoito unha vez que o sacamos do forno. Non quedaron máis ca migallas. E non me extraña, estaba boísimo! Seguro que temos na clase algún aspirante a Master Chef. Mirade que maña!


Algunhas novas

Estes últimos días...

Os participantes no concurso do personaxe misterioso recibiron o seu agasallo, noraboa!


Experimentamos coas medidas de capacidade:





Nacéronnos algúns vermes de seda que serán as nosas próximas mascotas na aula. Haberá que alimentalos, limpalos e cumprimentar a nosa libreta de observación.


Recibimos a visita dunha nova mascota. Esta vez Roy tróuxonos unha fermosa pomba que nos encantou a todos!


Finalmente, fixemos uns discos de Newton. Agora toca practicar para que vaian o suficientemente rápido como para facer ese silbido que queremos oír.




sábado, 27 de febreiro de 2016

Día de Rosalía 2016

Ao longo da semana, celebramos o Día de Rosalía pintando, debuxando, escribindo, recitando, e ata cantando! Estivemos moi atarefados.






De forma voluntaria, algún neno estudou (algúns máis ca outros...) estrofas de Rosalía e logo as recitou. Ollade!




O venres, tamén cantaron todos xuntos a canción "Xan" escrita con versos de Rosalía e interpretada no álbum "Rosalía pequeniña" pola cantante Uxía.


mércores, 10 de febreiro de 2016

Entroido 2016

Para preparar o Entroido, debuxamos e pintamos primeiro máscaras de Peliqueiros. Velaquí as nosas creacións. A ver se recoñecedes aos artistas...








E por fin, o venres, tocou celebrar. O tema eran os contos populares e nós, fomos de persoaxes do Gato con Botas. Ollade que ben o pasamos!

Nova visita

Xulio tiña moitas ganas de presentarnos a mascota que lle trouxeron os Reis Magos: Blanquita, a parella de Rizo, a cobaia que xa tiña. Canta expectación! Ata houbo que organizar quendas para tocalos! Ademáis, Xulio prometeu que se tiña a sorte de ter crías, no las traería tamén algún día para que as poidamos ver.

mércores, 3 de febreiro de 2016

Semana da Paz

Como no CPI Alcalde Xosé Pichel somos moi pacíficos, non celebramos o Día da Paz senón a Semana da Paz! Durante estos días, adicamos as horas do Plan lector a ler e escoitar contos sobre a Paz. A nós tocounos contarlle aos nenos de Educación Infantil o conto Café dulce, café amargo que traducimos ao galego para a ocasión. Que nervios!





E tamén fomos oíntes doutro conto. Os nosos compañeiros de cuarto fixérono moi ben.



xoves, 28 de xaneiro de 2016

Preparamos o Día da Paz

Xa están preparadas as nosas cartas de amigo "invisible". Mañán por fin saberemos as cualidades que viron en nós!

Para os que queiran practicar a canción e facelo perfecto, aquí tendes o vídeo: