stars
martes, 8 de decembro de 2015
O cuco
Fai uns días líamos que 'case' todas as aves facían niño para poñer os seus ovos. Entón falamos do comportamiento do cuco que pon os seus ovos nos niños doutras aves e que, nada máis nacer, desfaise do resto dos ovos que hai no niño. Moitos non o podían crer, pero atopei probas:
luns, 7 de decembro de 2015
Carreira de Cee
O venres desprazámonos a Cee para participar na carreira que alí se organiza cada ano. Trouxemos algunha medalla pero sobretodo pasámolo moi ben!
Unha visita moi especial
O xoves pasado recibimos unha visita moi especial, xa que Antón, o pai de Anxo, veu a darnos unha charla na biblioteca.
Explicounos en que consiste o seu traballo de veterinario pero tamén contounos da estreita relación que houbo ao longo da historia entre o home e o cabalo. Para rematar, falounos do cabalo de pura raza galega, raza coa que traballa na actualidade. Xa coñecemos as súas principais características e seguro que o recoñeceríamos.
Foi moi interesante, moitas grazas Antón! Os rapaces mostráronse así de atentos e entusiastas:

domingo, 29 de novembro de 2015
Multiplicamos
Estos días, estamos a aprender a multiplicar por dúas cifras, cousa que a algúns no se lle acaba de dar moi ben, entre outras razóns, porque as táboas de multiplicar aínda non están ben memorizadas.
Para practicar, aquí tendes uns xogos. A ver se vos gustan:
E para practicar as cuentas de multiplicar, tamén hai algún xogo, así que a practicar, e a disfrutar! Xa me contaredes que tal.
Por certo, que vos parece o novo "look" do blog?
sábado, 28 de novembro de 2015
25 de decembro: Día contra a violencia de xénero
O mércores foi o día contra a violencia de xénero que, como ben dicía Anxo: "É cando os homes se volven tolos e matan ás mulleres!". Matizamos algo esa definición, pero pareciunos a todos bastante axeitada.
sábado, 21 de novembro de 2015
Maxia vs Ciencia
O xoves, na biblioteca, asistimos á actuación de O Mago Paco co seu espectáculo Maxia vs Ciencia. Con el repasamos conceptos acerca das cores, da descomposición da luz, da astronomía, da vista e da electricidade. Foi moi interesante, sorprendente e mesmo emocionante.
Estas foron as caras que puxemos cando descubrimos que os nosos corpos son condutores:
E ata nos ensinou algún truquiño para impresionar na casa. Que atentos estiveron todos!
Grazas ao Concello que nos ofreciu esta actividade e grazas a A illa d@s nen@s (www.ailladosnenos.com), a compañía que se engargou deste espectáculo!
sábado, 14 de novembro de 2015
Magosto 2015
Que ben o pasamos no Magosto! Comemos castañas pero tamén disfrutamos de moitos xogos.
Ao final entregáronse os premios do concurso de cabazas e dos relatos de terror. Esta vez non houbo
premiados na nosa clase, pero fixémolo moi ben e seguro que en próximas ocasións nos superaremos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




