Canto aprendemos sobre os nosos compañeros coa actividade "A Maleta"!
Cada neno tiña que traer tres obxectos elexidos entre as súas pertenencias. Tres obxectos especiais para el, que o definen ou polo que sinten apego por algunha razón. Despois, tiñan que ensinarllos aos seus compañeriros, presentar eses obxectos e explicar por que os elexiron.
A pesca, o fútbol, as manualidades, a lectura, ... houbo moitos temas recurrentes que nos demostraron que temos moitos puntos en común os uns cos outros. Vaia sorpresa!