stars

domingo, 27 de novembro de 2016

Reciclamos aceite

Recientemente, enterámonos do contaminante que é o aceite para a auga. Era preciso informar aos nosos compañeiros diso, polo que o luns xuntámonos cos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Expicámoslles os danos que ocasionaba o aceite e como reciclalo e reutilizalo. Finalemente, xuntos, fixemos xabrón con aceite usado do comedor. Agora xa somos uns expertos. Sobretodo, o que nos quedou claro é que hai que remexer moitísimo!


venres, 18 de novembro de 2016

Acuario, poesía e teatro

Esta semana, por fin nos tocou a nós ir ao teatro á Casa da Cultura do noso Concello. Valiu a pena esperar porque a actuación que nos tocou ver encantounos. Tratouse da obra Acuario representada pola compañía de teatro Ghazafelhos. Esta obra está baseada no libro de poesía Acuario de María Canosa.



A verdade é que ademais de disfrutar de fermosas poesías, fartámonos a rir!


venres, 11 de novembro de 2016

Magosto 2016

Esta semana, estivemos preparando a nosa cesta do outono, e cremos que non o fixemos nada mal.



Tamén axudamos a plantar flores no porche do colexio que xa levaba un tempo algo triste e sen cor.






E hoxe, finalmente, celebramos o Magosto: xogos, disfraces e, como non, castañas, para pasar unha mañá estupenda.


(Este ano, repito canción no vídeo, que sei que algúns vos gustou.)

luns, 7 de novembro de 2016

Entrega de premios de Teatro Lido

Onte entregáronse en Carballo os premios de Teatro Lido. Nesta ocasión, non estivemos entre os elexidos, pero aínda así ,  tivemos a sorte de recibir un diploma e uns agasallos por participar. Moitas Grazas!

martes, 1 de novembro de 2016

Samaín 2016: no xornal!

Este ano, ata algún de nós sae en portada no Diario de Bergantiños. Que sorte! E que guapos!