Esta semana, tivemos que ampliar o noso recuncho da natureza, xa non nos quedaba oco! Fomos traendo distintas sementes (de xirasol ornamental, de cabaza, de limón, de fisalís, de aguacate, etc) e agora tocaba sementar de novo. Tamén coidamos das nosas leitugas que xa plantáramos con anterioridade. Seguemos a criar os nosos vermes de seda que medraron moito. Finalmente, estas semanas tivemos a cargo os peixes do colexio, pois tocounos a nós ser "ecopatrulleiros".
stars
sábado, 23 de abril de 2016
Día do libro 2016
O venres celebramos o Día do Libro con dúas actividades. Primeiro fomos "mestres lectores" para os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil. Despois, participamos nun xogo de pistas que nos permitiu coñecer mellor a clasificación dos libros na nosa biblioteca.
Máis fotografías nosas e dos nosos compañeiros celebrando o Día do Libro no blog da biblioteca: Biblioxosepichel.
domingo, 10 de abril de 2016
Contacontos na biblioteca
A semana pasada, tivemos o pracer de ser parte do público cando os nosos compañeiros de sexto escenificaron o conto "Ranilda".
Este venres, tocounos a nós subir ao escenario e escollemos o conto "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad" para os nosos compañeiros de Educación Infantil. Tivemos moito éxito!
sábado, 2 de abril de 2016
2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
O venres celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no colexio. Fixémolo participando de forma voluntaria nunha carreira de relevos durante o recreo, levando pulseiras azuis e visionando vídeos sobre esta enfermidade.
Xa estabamos sensibilizados con esta causa, pero aprendemos algunha cousiña máis sobre o autismo.
Os vídeos que vimos foron "El cazo de Lorenzo" e "Mon petit frère de la lune" (O meu irmanciño da lua):
Tamén existen máis vídeos sobre o tema, como a curtometraxe "El viaje de María",
ou o documental "María y yo" baseado na banda deseñada "María y yo" (Miguel Gallardo, Editorial Astiberri, 2014) que temos na biblioteca do colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)