A semana pasada, gracias ao Concello de Coristanco, tamén poidemos asistir a un concerto didáctico no edificio de Servicios Múltiples. Consistiu nunha actuación moi amena chamada Bolboreta (Lydia Botana http://lydiabotana.com/bolboreta-con-banda/ ). Gracias aos actores e músicos da banda, viaxamos por todo o mundo a través dos distintos xéneros musicais, coñecimos novos instrumentos de música, cantamos, bailamos e mesmo descubrimos que o noso corpo enteiro podía ser un valioso instrumento de percusión.
stars
xoves, 14 de novembro de 2013
Magosto
O venres pasado, celebremos o Magosto no cole. Castañas e xogos para todos!
Finalistas dos premios de Relatos de Terror
Todo o grupo de 3ºA na súa aula
Samaín
O mes de novembro rematou coa celebración do Samaín. Nesta ocasión, decoramos os corredores do colexio e asistimos a un contacontos na biblioteca de secundaria.
Tamén participamos no concurso de cabazas e no de relatos de terror. Nesta última categoría, tivemos dous finalistas: Alfonso e Nuria. Noraboa!
De excursión
O pasado venres 25 de outubro fomos de excursión a Lira e ao Ézaro. A pesar das previsións meteorolóxicas, poidemos facer as actividades previstas e todos nolo pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas.
Velaquí algunhas fotos da nosa visita:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)