Esta foi a nosa primeira visita do curso á biblioteca do cole, e non será a última.
A partir de outubro, nos recreos, poderemos vir sós e coller emprestados libros e vídeos para ler ou ver na casa. Que responsabilidade!
Comenzamos un novo curso, e con el, atopámonos con algún que outro novo compañeiro.
Para coñecernos mellor, fixemos un pequeno xogo. Tratábase de contestar a algunha pregunta sobre un mesmo, de debuxarse e logo adiviñar quen era quen. Descubrimos que temos moito en común!